Sunday 28 de April de 2024

Iniciado o acondicionamento do casco urbano pobrense


A Concellaría dos Servizos Municipais da Pobra do Caramiñal informa de que a Ecobrigada da Asociación Amicos comezou na semana pasada co acondicionamento do casco urbano da localidade para a súa posta a punto de cara a primavera.

A concelleira Estefanía Ramos (Nós Pobra) explica que os traballos consisten na limpeza das rúas mediante o baldeo, desinfección e retirada de vexetación para eliminar así o verdín e suciedade do inverno, preparando xa as calzadas do núcleo da vila para o bo tempo.